Friday 29 de March de 2024

O Concello de Padrón conmemorará o 25N con varias actividades para todas as idades


A concellaría de Igualdade do Concello de Padrón deseña unha completa programación co motivo do Día Internacional En Contra da Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 25 de novembro. Sole Felloza encargarase do contacontos infantil ‘Estrelas’ para escolas unitarias e CEIPS ás 11:30 e ás 19:00 horas a través do perfil de Facebook do Concello de Padrón. Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal procederase á lectura do manifestó institucional. A asistencia é gratuíta, se ben hai que retirar previamente a entrada no Centro Social. Posteriormente, tras a lectura deste manifesto terá lugar o concerto ‘Mulleres libres, sempre’ de Cantar Delas.

O venres 27 ás 19:00 horas no Auditorio Municipal, Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez subiranse ao escenario para representar ‘Invisibles’. A entrada é gratuita con previa retirada no Centro Social.

O 25 de novembro a Casa do Concello vaise decorar cun panel luminoso e instaláranse nas prazas e rúas principais de Padrón cubos informativos e de sensibilización contra a violencia de xénero.